Escudo Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Ir a la pagina inicial.

MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS

Busca avanzada 

Fondos da Unión Europea 

Entre os Fondos Comunitarios do orzamento da UE revisten un papel moi significativo os denominados recursos estruturais. Estes recursos son os denominados Fondos Estruturais Europeos (FEDER, FSE, FEOGA-orientación e IFOP) e, tamén, o Fondo de Cohesión. Tanto os Fondos Estruturais como o Fondo de Cohesión atenden á finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados-membros e dirixidas á consecución dese obxectivo. No caso dos Fondos Estruturais Europeos, en virtude do establecido nos artigos 158 e 160 do Tratado da UE, a devandita finalidade perséguese a través de políticas encamiñadas a conseguir un maior equilibrio entre os niveis de desenvolvemento das distintas rexións e territorios que compoñen a Unión, polo que a súa aplicación inscríbese no ámbito da política rexional.

O Fondo de Cohesión, atende, pola súa parte, á finalidade de favorece-lo crecemento económico e a converxencia real dos estados-membros da Unión cun menor nivel de desenvolvemento intentando garantir que o crecemento sexa compatible co mantemento dos seus equilibrios macroeconómicos e orzamentarios fundamentais.

En España, a coordinación da aplicación e xestión dos Fondos Estruturais e do Fondo de Cohesión recae no Ministerio de Economía e Facenda, a través da Dirección Xeral de Fondos ComunitariosAbre nueva ventana da Secretaría Xeral de Orzamentos e GastosAbre nueva ventana, a cal encádrase na Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos. Entre outras, esta Dirección Xeral ten atribuídas as seguintes competencias e funcións:

  • A negociación coa Comisión Europea dos asuntos relacionados cos fondos estruturais europeos, en especial, no que se refire ós obxectivos 1 e 2, así como dos asuntos relativos ó Fondo de Cohesión.
  • A coordinación das Administracións territoriais no relativo á programación, seguimento e avaliación dos fondos estruturais comunitarios e do Fondo de Cohesión, así como a coordinación do resto de Departamentos ministeriais responsables da xestión de fondos estruturais.
  • A elaboración de estudos e coordinación de avaliacións de programas financiados con fondos estruturais europeos.
  • A análise, selección e seguimento dos proxectos que deben ser financiados con cargo ós recursos do Fondo de Cohesión, do Fondo de Compensación Interterritorial e do Fondo de TeruelAbre nueva ventana.
  • A proposta dos pagos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión ós seus beneficiarios finais.