¿Quen elabora as estatísticas territoriais?
A Dirección Xeral de Coordinación Financeira coas Comunidades Autónomas coas Comunidades Autónomas é o centro directivo responsable do tratamento estatístico dos datos derivados da actividade económico-financeira das Comunidades Autónomas.
Tradicionalmente, publicáronse en soporte papel os datos correspondentes ós orzamentos iniciais e ás súas liquidacións das Comunidades Autónomas, para cada exercicio. Co obxecto de mellora-lo produto final ofrecido ós usuarios desta información, os datos derivados da explotación das devanditas operacións poden consultarse agora desde estas páxinas, en soporte de folla de cálculo Excel, o que constitúe unha notable mellora desde o punto de vista operativo, xa que se facilita o manexo inmediato dos datos por parte dos usuarios.
O Informe anual sobre o Financiamento das Comunidades Autónomas e Cidades con Estatuto de Autonomía completa a información que a Dirección Xeral de Coordinación Financeira coas Comunidades Autónomas ofrece a través de Internet.
Os datos dos orzamentos iniciais das Entidades locais e das súas liquidacións para cada exercicio vense publicando en soporte papel. Desde agora, poden consultarse xa mediante folla de cálculo Excel con tódalas vantaxes asociadas.
Así mesmo, a información do inventario de entes do sector público local, que ata este intre tamén se publicaba en papel, introduciuse nunha base de datos accesible desde Internet, que permitirá ós usuarios, a través dunha aplicación de consulta, obte-la información existente sobre a composición do sector. Os datos estatísticos sobre imposición local completan a información que esta Dirección Xeral ofrece a través de Internet.
Instituto de Estudos Fiscais (IEF) : É un organismo público especializado na formación e investigación ó servicio da Facenda Pública española. O Instituto de Estudios Fiscais mantén unha Base de Datos Económicos do Sector Público Español (BADESPE) que contén a información económica máis relevante da actividade do sector público desde 1980 ata a actualidade, partindo da información elaborada polos centros directivos competentes en cada ámbito. A información organízase por áreas temáticas e con distintos niveis de desagregación e con información complementaria para fomenta-lo seu mellor coñecemento e interpretación, e pódese descargar gratuitamente en formato Excel. Ofrécense series temporais sobre recadación, estatísticas do IRPF, Patrimonio e IVE, orzamentos e financiamento territorial por conceptos para distintos ámbitos territoriais. Así mesmo, é posible consultar información sobre a poboación con distintos niveis de desagregación territorial e fontes estatísticas.
Sindicación de contidos en XML de estatísticas territoriais.