Aquí atopará información estatística básica dos orzamentos.
Para obter información máis completa sobre orzamentos, consulte:
¿Quen elabora as estatísticas orzamentarias?
Dirección Xeral de Orzamentos:
A información publicada no tocante ó orzamento contén estatísticas dos gastos e ingresos dos Orzamentos Xerais do Estado Consolidados, do Orzamento do Estado, do Orzamento da Seguridade Social, do Orzamento dos organismos autónomos e do Orzamento dos entes públicos, así como o Informe económico financeiro.
Intervención Xeral da Administración do Estado:
A información publicada no tocante á intervención xeral da Administración do Estado inclúe estatísticas sobre execución e liquidación do orzamento, así como os principais indicadores da actividade económica e financeira.
Así mesmo, inclúe a publicación do inventario de entes do sector público estatal (INVESPOE) que ten por obxectivo dar a coñecer a súa estrutura, dimensión e composición.
Calendario de publicación de estatísticas incluidas no Acordo de Transparencia correspondentes á IGAE
Instituto de Estudos Fiscais:
É un organismo público especializado na formación e investigación ó servicio da Facenda Pública española. O Instituto de Estudios Fiscais mantén unha Base de Datos Económicos do Sector Público Español (BADESPE) que contén a información económica máis relevante da actividade do sector público desde 1980 ata a actualidade, partindo da información elaborada polos centros directivos competentes en cada ámbito. A información organízase por áreas temáticas e con distintos niveis de desagregación e con información complementaria para fomenta-lo seu mellor coñecemento e interpretación, e pódese descargar gratuitamente en formato Excel. En materia de orzamentos e contas públicas, ofrécense series temporais sobre o sector institucional das distintas AAPP en contabilidade nacional, con distintos graos de desagregación por axentes e segundo distintos anos base, así como series sobre os orzamentos das AAPP, tamén con distintos graos de desagregación por axentes e conceptos, execución e outros indicadores.
Sindicación de contidos en XML de estatísticas de orzamento e contas públicas.