Acordada a súa creación polo Tratado de Maastricht, pasou desde entón por diferentes etapas:
O Regulamento (CE)1164/94 do Consello de 16 de maio de 1994 creou o Fondo de Cohesión —co antecedente do provisional Instrumento Financeiro de Cohesión aprobado en marzo de 1993— cunha dotación para o período 1993-1999 de 15.000 millóns de ecus (de 1992); deles, en ecus correntes, correspondéronlle a España 9.251 Mecus, o 55% do total.
Os Estados membros beneficiarios deste Fondo foron España, Portugal, Irlanda e Grecia.
Para o período 2000-2006, aprobouse unha dotación de 18.000 millóns de euros e modificáronse diferentes aspectos da súa xestión, en particular o reforzamento das políticas comunitarias e dos controis nacionais.
A partir de 2004, Irlanda deixou de ser beneficiaria do Fondo. En cambio, en maio de 2004 incorporáronse como beneficiarios deste Fondo os novos países membros da Unión Europea: República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Lituania, Letonia, Malta e Polonia.
Para o novo período de programación 2007-2013, modifícase a súa xestión, integrando a súas actuacións en programas operativos.
Ademais serán financiábeis non só as grandes infraestruturas de transporte e ambientais, senón tamén proxectos nos campos da eficacia enerxética, enerxías renovábeis así como o transporte intermodal, urbano ou colectivo.
A dotación total, para os 13 Estados beneficiarios, será de 63.000 millóns de euros, dos que lle corresponderían a España 3.250 millóns de euros.
Para obter máis información