Impostos  

Os impostos e mailas taxas e as contribucións especiais configuran os ingresos tributarios, principal fonte de financiamento dos Orzamentos das Administracións Públicas. A importancia relativa de cada unha destas tres clases de tributos é diferente segundo o ámbito da Administración Pública. Nos Orzamentos Xerais do Estado os impostos representan o 91% dos ingresos non financeiros. En cambio, as taxas son un recurso importante nos organismos que prestan servizos públicos. As contribucións especiais só existen no ámbito da Administración local.

Para máis información:

No Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a través da Secretaría de Estado de Facenda, as principais funcións en relación co sistema tributario distribúense como segue:

  • Axencia TributariaAbre nueva ventana: Aplicación efectiva do sistema tributario estatal e do alfandegueiro (xestión, inspección e recadación).
  • Secretaría Xeral de Facenda: dirixe e coordina as actuacións relativas á orientación da política fiscal, o deseño do sistema tributario, a previsión e análise dos ingresos tributarios e outros ingresos públicos amais de dirixir e executar a xestión catastral. Asume a dirección e coordinación das competencias exercidas pola Dirección Xeral de Tributos, a Dirección Xeral do Catastro e o Tribunal Económico e Administrativo Central. .
  • Dirección Xeral de Tributos: Analiza e deseña a política global sobre o sistema tributario estatal; propón, elabora e interpreta a normativa tributaria estatal; negocia e aplica os convenios para evitar a dobre imposición e leva a cabo outras actuacións relativas ao ámbito fiscal internacional.
  • Dirección Xeral do CatastroAbre nueva ventana
  • Tribunais Económico-Administrativo: Resolucións sobre as reclamaciones económico-administrativas.
  • Dirección Xeral de Coordinación Financeira coas Comunidades Autónomas e coas Entidades Locais: Estuda, informa e propón normas e medidas relativas ao réxime tributario dos entes territoriais e aos réximes tributarios especiais por razón do territorio, independentemente das competencias da Dirección Xeral de Tributos; aplica os réximes de concerto co País Vasco e o convenio coa Comunidade Foral de Navarra; amais de desempeñar outras funcións relativas á aplicación e xestión dos sistemas de financiamento autonómico e local.
  • Instituto de Estudos FiscaisAbre nueva ventana:Investigación e estudo das cuestións sobre ingresos e gastos públicos e análise e explotación das estatísticas tributarias.
  • Consello para a Defensa do Contribuínte: Actúa para a mellor defensa dos dereitos e garantías dos cidadáns nas súas relacións tributarias e informa sobre as queixas e suxestións que se lle presentan.

Buscador

Banners Destacados

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Escriba ao ministerio