Escudo Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Ir a la pagina inicial.

MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS

Busca avanzada 

Transposición da Directiva de Servizos en España  

O 28 de decembro de 2006 entrou en vigor a Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de decembro de 2006 relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de Servizos). Os Estados membros dispoñen dun prazo de transposición de tres anos, que finaliza o 28 de decembro de 2009.

Tal como explica o Libro branco para a reforma do sector servizosAbre nueva ventana, a transposición da Directiva de servizos preséntase en España como un reto e, ao mesmo tempo, como unha grande oportunidade. En efecto, o proceso de transposición constitúe unha ocasión única para reducir trabas inxustificadas ou desproporcionadas ao acceso e exercicio dunha actividade de servizos en determinados sectores, o que consecuentemente incentivará a actividade empresarial e contribuirá á mellora da regulación. Da mellora do marco regulamentario derivaranse ganancias de eficiencia, produtividade e emprego nos sectores implicados, ademais dun incremento da variedade e calidade dos servizos dispoñibles para empresas e cidadáns.

Para levar a cabo unha correcta transposición da directiva, España optou pola elaboración dunha lei horizontal de transposición que promova unha aplicación ampla dos principios xerais da directiva con poucas restricións (Lei sobre o libre acceso e exercicio das actividades de servizos).

Así mesmo, para lle dar o impulso necesario ao proceso de transposición, tamén se optou pola elaboración dunha lei ómnibus que modificará a normativa estatal de rango legal para adecuala aos principios da lei sobre o libre acceso e exercicio das actividades de servizos.