Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Preguntas frecuentes

3. ¿Que sectores da economía cobre esta directiva?A Directiva de Servizos cobre unha ampla gama de servizos que constitúen unha parte importante da economía. Sen ánimo de ser exhaustivos, podemos citar algúns exemplos de servizos cubertos pola directiva: as actividades que realicen a maior parte das profesións reguladas (asesoría xurídica ou fiscal, arquitectura, enxeñería, contabilidade, topografía ou peritaxe), a artesanía, os servizos prestados a empresas (limpeza, vixilancia e seguridade, organización de acontecementos, cobro de débedas, publicidade, consultoría en xestión e organización empresarial), a distribución comercial (incluíndo o comercio por xunto e o retallista), os servizos no ámbito do turismo (por exemplo, as axencias de viaxes), os servizos de ocio (centros deportivos ou parques de ocio), os servizos na área da instalación e mantemento de equipos, os servizos relacionados coa información (creación e xestión de páxinas en Internet, axencias de noticias ou editoriais), as actividades de consultoría e programación informática, a hostalaría (restaurantes, hoteis, cafeterías ou bares), servizos no ámbito da formación e a educación, os servizos de aluguer e arrendamento con opción de compra, os servizos inmobiliarios, os servizos ao fogar (limpeza, xardinaría ou reparacións), os servizos de certificación, etcétera.Polo tanto, só quedan fóra do ámbito de aplicación da directiva aqueles servizos explicitamente excluídos nela: os servizos de interese xeral non económicos, os servizos financeiros, os servizos audiovisuais, os servizos sanitarios, os servizos de transporte, os servizos prestados por notarios e axentes xudiciais, os servizos de seguridade privada, as actividades de xogo por diñeiro, os servizos das empresas de traballo temporal, os servizos sociais, os servizos e redes de comunicación electrónicas e as actividades vinculadas ao exercicio da autoridade pública. Hai que subliñar en todo caso que o alcance da exclusión destes sectores non é total, senón que se limita ao disposto na propia directiva.

Ligazóns

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Facenda e Función Pública