O Goberno puxo en marcha o Plan español para o estímulo da economía e o emprego que engloba 80 medidas económicas, financeiras e fiscais.
Dentro do plan atópase o fondo especial do Estado para o estímulo da economía e o emprego, cunha dotación de 3.000 millóns de euros. A finalidade deste fondo, creado a través do Real decreto lei 9/2008, é mellorar a situación conxuntural de determinados sectores estratéxicos e acometer proxectos con alto impacto na creación de emprego.
Os ministerios xestores do fondo serán: Ministerio de Ciencia e Innovación; Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño; Ministerio do Interior; Ministerio de Vivenda; Ministerio de Fomento; Ministerio de Educación, Política Social e Deporte e o Ministerio de Defensa.
Plan Español para o Estímulo da Economía e o Emprego.
NORMATIVA:
- Real Decreto Lei 9/2008, do 28 de novembro, polo que se crea un fondo estatal de investimento local e un fondo especial do Estado para a dinamización da economía e o emprego.
- Orde Ministerial 3566/2008, do 9 de decembro, polo que se fai público o Acordo do Consello de Ministros do 5 de decembro.
MINISTERIOS XESTORES:

Actuacións de I+D+i
Destínanse 490 millóns de euros, repartidos en tres eixes de actuacións:
- Saúde: as accións irán dirixidas a incrementar a competitividade e capacidade de I+D+i de empresas e institucións que operan nos diferentes sectores afíns á sanidade (produtos sanitarios, industria farmacéutica, biotecnoloxía, servizos sociosanitarios, instrumental, dispositivos e equipamentos, alimentación saudable, etc.).
- Enerxía: as actuacións están orientadas a garantir a subministración enerxética, incrementando a contribución das enerxías renovables e as tecnoloxías enerxéticas emerxentes.
- Excelencia internacional: este eixe inclúe un conxunto de actuacións para impulsar a creación de novas empresas de base tecnolóxica, reforzar a cooperación internacional en actuacións sostibles de excelencia, crear unha infraestrutura científica e tecnolóxica avanzada, aberta á utilización por todos os axentes do sistema de ciencia e tecnoloxía e reforzar programas colaborativos públicos-privados no marco do Plan nacional de I+D+i.
Desagregación dos importes das actuacións (PDF, aprox. 51,87 KB)

Actuacións no sector de automoción
Asígnanse 800 millóns de euros para o mantemento e a mellora da competitividade do sector de automoción en España. A finalidade concreta e as liñas de actuación para financiar coa devandita asignación determinaranse por un posterior Acordo do Consello de Ministros, unha vez se concreten as liñas estratéxicas básicas da Unión Europea destinadas a paliar o impacto da política económica global no devandito sector.
Desagregación dos importes das actuacións (PDF, aprox. 27 KB)
Máis información

Actuacións ambientais
Destínanse 575 millóns de euros, repartidos do seguinte xeito:
- Reforzo dos programas de augas: programas de xestión e infraestruturas da auga, de calidade das augas e de modernización da xestión de recursos hídricos para o regadío.
- Reforzo de actuacións no litoral: protección, defensa e conservación do dominio público marítimo-terrestre; creación, recuperación e rexeneración de praias; accesos públicos ao mar e outras actuacións en garantía do uso público e da protección da integridade das costas.
- Reforzo de actuacións no medio rural: conservación do patrimonio e dos recursos naturais no medio rural e programa de camiños naturais.
- Reforzo de actuacións de política forestal e en espazos de alto valor ecolóxico: reforestación e outras actuacións de repoboación forestal, limpeza de montes e prevención de incendios forestais e actuacións en parques nacionais.
Desagregación dos importes das actuacións
Máis información

Construción, adecuación, rehabilitación e mellora de edificios públicos, especialmente casas-cuartel, comisarías e centros penais
Destínanse 380 millóns de euros á construción, adecuación, rehabilitación e mellora de casas-cuartel, comisarías e centros penais.
Desagregación dos importes das actuacións
Máis información

Rehabilitación de vivendas e rehabilitación de espazos urbanos
Destínanse 110 millóns de euros para as seguintes actuacións:
- Rehabilitación integrada de barrios degradados, conxuntos históricos, centros urbanos e municipios rurais, así como actuacións de renovación urbana.
- Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio nos edificios, incluída a utilización de enerxías renovables.
- Obras que teñan por obxecto garantir a seguridade e a estanquidade dos edificios.
- Mellora da accesibilidade ao edificio e ás súas vivendas.
Desagregación dos importes das actuacións (PDF, aprox. 139 KB)

Actuacións en pequenas infraestruturas do transporte
Dedícanse 140 millóns de euros para a supresión e/ou protección de pasos a nivel de ferrocarril, o mantemento da rede convencional de ferrocarril e a conservación e seguridade viaria en estradas.
Desagregación dos importes das actuacións

Actuacións vinculadas coa prestación de servizos sociais: turismo social e atención á dependencia
Asígnanse 430 millóns de euros para as seguintes actuacións:
- Reforzo dos programas de envellecemento activo: 30 millóns de euros, destinados ao programa de vacacións para maiores e ao programa de termalismo social.
- Promoción dos servizos de atención á dependencia: 400 millóns de euros.
Desagregación dos importes das actuacións (PDF, aprox. 101 KB)
Más información

Actuacións para mellorar as instalacións militares
Destínanse 75 millóns de euros a actuacións de mellora das instalacións militares.
Desagregación dos importes das actuacións
Más información