¿Quen elabora as estatísticas de impostos?
Axencia Tributaria: É o organismo público encargado da xestión do sistema tributario estatal e aduaneiro, así como dos recursos doutras administracións e entes públicos, nacionais ou da Unión Europea, cuxa xestión se lle encomende. Elabora estatísticas de impostos, estatísticas recadatorias e estatísticas de explotación de declaracións mensuais para a análise de conxuntura.
Dirección Xeral de Tributos: Entre as súas competencias figura a análise e deseño da política global de ingresos públicos no tocante ó sistema tributario, así como o estudio das cuestións relativas á recadación e efectos económicos dos distintos tributos. Elabora publicacións monográficas sobre os principais tributos, onde ademais de presenta-los resultados das liquidacións anuais se analizan eses datos para poder extraer conclusións sobre a estrutura e comportamento das súas principais magnitudes ó longo do tempo. Así mesmo, elabora a publicación "Recadación e estatísticas do sistema tributario español" con información estatística detallada dos ingresos tributarios do Estado, as Comunidades Autónomas e as corporacións locais.
Instituto de Estudos Fiscais: É un organismo público especializado na formación e investigación ó servicio da Facenda Pública española. O Instituto de Estudios Fiscais mantén unha Base de Datos Económicos do Sector Público Español (BADESPE) que contén a información económica máis relevante da actividade do sector público desde 1980 ata a actualidade, partindo da información elaborada polos centros directivos competentes en cada ámbito. A información organízase por áreas temáticas e con distintos niveis de desagregación e con información complementaria para fomenta-lo seu mellor coñecemento e interpretación, e pódese descargar gratuitamente en formato Excel. En materia tributaria, ofrécese información sobre recadación de impostos, estatísticas do IRPF, Patrimonio e IVE, así como sobre os tipos impositivos do IVE.
Sindicación de contenidos en XML de estadísticas de impuestos