En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal establecidos no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas traballa para garantir que todos os cidadáns -con especial atención ás personas con algún tipo de discapacidade e maiores- que se relacionen co departamento a través do seu portal en internet (www.minhap.gob.es) podan acceder á información e os servizos electrónicos en igualdade de condicións, con independencia das súas circunstancias persoais, medios e coñecementos.
Para estes efectos as páxinas do Portal do Ministerio satisfán as prioridades unha e dúas da Norma UNE 139803:2004 e axústase ao nivel Dobre-A das Directrices de accesibilidade para o contido Web 1.0 doW3C, consonte ao disposto no Real decreto 1494/2007.A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada en xullo de 2010.
Dada a enorme cantidade de documentos finais (pdf) publicados no portal foi imposible a adaptación completa ás pautas de accesibilidade no caso dos publicados con anterioridade ao 31 de decembro de 2008 (en algúns casos documentos de gran valor histórico). Trabállase de forma permanente ao obxecto de facer totalmente accesibles este fondo documental.
En todo caso, calquera consulta, queixa ou suxestión relacionada coa accesibilidade deste sitio web pode presentála a través do enderezo electrónico sugerencias.portal@minhap.es.
Se desexa formular unha queixa ou suxestión formal, deberá optar por presentala a través do procedemento de “Queixas e suxestións Xerais”, ante o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, conforme ao establecido no artigo 15 do Real decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que se regula o marco xeral para a mellora da calidade na Administración xeral do Estado.