¿Como navegar pola web oficial do Ministerio de Economía e Facenda?
O Ministerio de Economía e Facenda pon á disposición dos cidadáns un portal a Internet a través do que se pode acceder á información e ós servicios que ofrece este Departamento. Este portal conta cunha versión reducida para dispositivos móbiles..A presente Guía de navegación amosa a estructura da información no portal, os criterios de accesibilidade e estándares que cumpre e as recomendacións técnicas e programas necesarios para poder obte-la información e acceder ós servicios que se ofrecen.A páxina de inicio do portal estrutúrase en varias seccións:
- Canles informativas e de servicios: botoeira esquerda do portal. Informa sobre o Ministerio, os servicios que ofrece e as principais áreas de actividade que se desenvolven nel. Na marxe inferior recóllense minisitios ou pancartas de campañas institucionais da Administración.

- Ligazóns directas a Webs ou canles destacadas

- Zona central de contidos: na parte central da páxina de inicio recóllense as novas destacadas de actualidade, as novidades do Ministerio e os servicios (electrónicos e non electrónicos) destacables en cada intre. Cando se accede ós contidos nesta zona, pode verse directamente a información referente á materia seleccionada ou acceder á canle que a desenvolve.

- Directo a: zona dereita do portal. Contén información sobre campañas do Ministerio e información destacada á que se accede directamente.

- Cabeceira de páxinas de inicio e de navegación/resultados: marxe superior do portal. Amosa o escudo institucional do Ministerio, a imaxe cabeceira do portal, a opción para acceder a versións noutras linguas, o buscador Web e algúns menús auxiliares (rexistro de usuarios, contacte connosco e mapa Web).

- Zona de menú complementario: situada no pé da páxina con información referente á Guía de navegación, Axúdenos a mellorar (cuestionario de calidade), Aviso legal, Accesibilidade e RSS.---

- Seleccionando calquera opción da páxina de inicio do portal, accédese a un primeiro nivel de información que, á súa vez, pode dar entrada a novos niveis informativos ou facilitar ligazóns a outros enderezos de Internet relacionados co contido (sempre nunha nova fiestra). Desde o escudo institucional do Ministerio de Economía e Facenda pódese volver en todo intre á páxina de inicio do portal.

¿Como saber onde estamos?
A través do encabezamento situado na parte superior de contidos de tódalas páxinas da web. Un cadro branco identifica a canle e subcanle na que nos atopamos.
Tamén podémonos orientar en todo intre a través do mapa web, que está situado na zona de canles de servicios e axuda ós usuarios do portal.
¿Como cambiar de idioma?
O portal do Ministerio de Economía e Facenda ten parte dos seus contidos en versión plurilingüe. Pódese acceder á web nas linguas cooficiais de España (catalán, galego e éuscaro) e en dúas linguas estranxeiras (inglés e francés).O menú que permite a selección de idiomas atópase na cabeceira, marxe superior dereita, da páxina de inicio e das de resultados.
Accesibilidade e estándares
O portal do Ministerio de Economía e Facenda é accesible para discapacitados na súa totalidade segundo os estándares da WAI 1 (AA) e do W3.
y
O portal cumpre as recomendacións de W3C respecto das especificacións de HTML 4.0 e CSS.
O Ministerio de Economía e Facenda proporciona un servicio automatizado de titulares de contidos engadidos á Web. Mediante o servicio RSS do portal poderá coñecer de xeito inmediato as novidades que se produzan en determinados apartados:
Recomendacións técnicas e programas necesarios para descargar información do portal
Os programas necesarios para visualizar determinados documentos do portal son: