Procedimientos Administrativos 

Datos xerais

Denominación

Comprobación censual- Xestión e control do ROI

Tipo de procedemento ou servizo
Tributario
Materia
Impostos
Obxecto

A) Réxime de acceso ao Rexistro de Operadores Intracomunitarios: Os obrigados tributarios deben solicitar, mediante a declaración censual de alta, modificación e baixa no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores (modelo 036), a inclusión ou a baixa no Rexistro de Operadores Intracomunitarios. A solicitude de inclusión deberá presentarse antes do inicio das correspondentes actividades ou da realización das operacións. O Rexistro de Operadores Intracomunitarios, que forma parte do Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores, está formado polas seguintes persoas ou entidades: - Persoas ou entidades que teñen atribuído o NIF regulado para os efectos do IVE, que vaian efectuar entregas ou adquisicións intracomunitarias de bens suxeitas ao devandito imposto. - Suxeitos pasivos do IVE que vaian ser destinatarios de prestacións de servizos cuxo lugar de realización para os efectos daquel se determine efectivamente en función de cal sexa o Estado que atribuíse ao adquirente o NIF co que se realizase a operación. - Persoas ou entidades ás que se refire o artigo 14 da Lei do IVE, cando vaian realizar adquisicións intracomunitarias de bens suxeitas ao devandito imposto. En tal caso, a inclusión no devandito rexistro determinará a asignación á persoa ou entidade solicitante do NIF regulado para os efectos do IVE. Para os efectos do IVE, as persoas ou entidades que realicen operacións intracomunitarias deberán antepoñer ao NIF o prefixo ES. O devandito número asignarase cando o interesado solicite a alta no Rexistro de Operadores Intracomunitarios. Poderá denegarse a súa asignación nos supostos considerados nos artigos 24.1 e 146.1.b) do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado por Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo. Así mesmo, poderase denegar a inclusión no devandito Rexistro cando concorran as seguintes circunstancias no momento da solicitude de inclusión: a) Cando nunha actuación ou procedemento tributario se constate a inexistencia da actividade económica ou do obxecto social declarado ou do seu desenvolvemento no domicilio comunicado, ou que no domicilio fiscal non se desenvolve a xestión administrativa e a dirección efectiva dos negocios. b) Cando o obrigado tributario resultase descoñecido na notificación de calquera actuación ou procedemento de aplicación dos tributos. c) Cando se constate a posible intervención do obrigado tributario en operacións de comercio exterior ou intracomunitario, das que poida derivarse o incumprimento da obriga tributaria ou a obtención indebida de beneficios ou devolucións fiscais en relación co IVE. B) Actuacións e procedementos de comprobación censual do Rexistro de Operadores Intracomunitarios. Polos mesmos motivos antes indicados para denegar a inclusión no Rexistro de Operadores Intracomunitarios poderase acordar a baixa preventiva no devandito rexistro dos obrigados tributarios xa inscritos. A baixa preventiva converterase en definitiva cando se efectúe a rectificación censual do obrigado tributario, xa sexa mediante un procedemento de rectificación censual, xa mediante a rectificación de oficio da situación censual do obrigado tributario sen necesidade de instruír un procedemento de rectificación censual, nos supostos expresamente considerados no artigo 146 do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado por Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.

Órgano responsable
Axencia Estatal de Administración Tributaria

Buscador

Banners Destacados

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Escriba ao ministerio